LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN DIARIO INÉDITO DE 1610

20,00

Despois de catrocentos anos inédito, ve a luz na nosa Colección Oeste o diario manuscrito do peregrino Diego de Guzmán, que visitou Santiago de Compostela no outono de 1610. Un documento único descuberto na Real Academia de la Historia polo investigador da Universidade de Santiago Julio Vázquez Castro

Hay existencias

Despois de catrocentos anos inédito, ve a luz na nosa Colección Oeste o diario manuscrito do peregrino Diego de Guzmán, que visitou Santiago de Compostela no outono de 1610. Un documento único descuberto na Real Academia de la Historia polo investigador da Universidade de Santiago Julio Vázquez Castro. Este profesor realiza para esta edición un estudo rigoroso, revelador e ilustrado dun relato de viaxes de enorme interesepara todo o mundo xacobeo e para a historia dunha cidade que, custodiando un sepulcro santo, transformaría Europa.

Julio Vázquez Castro (Palas de Rei, 1966) é Profesor Titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Centrou as súas investigacións en tres liñas fundamentais: por unha banda, o estudo da arte desenvolvido polas Ordes Militares, especialmente a de Santiago, durante a Idade Media, tanto a súa arquitectura militar (1996) como a arte relixiosa (1999 y 2009). Outro dos seus campos de estudo é a arquitectura gótica e as súas fontes documentais e gráficas, como as obras na catedral de Ourense (1994-1995), as fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo medieval en Galicia (2000), os mestres de obras e a construción (2001) o as primeiras representacións urbanas galegas (2014). E ultimamente controuse na cidade de Santiago de Compostela e a súa catedral durante a época do gótico, estudando a Berenguela e a Torre do Reloxo (1998), as desaparecidas torres do Anxo e do Galo (2007), e o cimborrio gótico (2009) ou o botafumeiro (2009 y 2012).

 

Peso 0.1 kg