Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LA LÁMPARA MARAVILLOSA. EJERCICIOS ESPIRITUALES

€18,00
ISBN 9788416460342
Presentamos a edición facsímile deste belísimo e insólito libro de Ramón del Valle-Inclán. Unha obra  publicada en 1916, ilustrada por José Moya del Pino e concibida como un todo, pois forma e fondo dialogan aquí á perfección.

Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza. O libro, publicado en 2018 por Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago, preséntasenos como unha autobiografía do autor quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cannabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade. A presente edición enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.  

____

Editorial: Alvarellos 03-2018
Idioma: Castellano