Este traballo presenta desde unha óptica multidisciplinar as particularidades máis destacables das vilas de Muros, Noia e Corcubión durante o citado período histórico. O estudo pon de relevo aquelas características comúns a todos estes territorios –emanadas do seu carácter urbano, marítimo-portuario, señorial e galaico- así como as diferencias existentes entre elas, facendo fincapé na pluralidade do fenómeno municipal do noroeste peninsular. Este traballo resultou premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.