Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

JOSÉ MANUEL FORS

€9,90
ISBN 97885882323
…porque propio teu é captar ese ritmo de crecemento para a natureza, fronte a que ti colocas unha lentitude de observación, que é tamén natureza.

Grazas a Deus que esa lentitude para levar a observación a unha extensión fabulosa está acompañada dunha una memoria hiperbólica. Entre moitos acenos, moitas palabras, moitos sons, despois de que os tes observado entre o sono e a vixilia, sabes o que vai acompañar á memoria secularmente. A visita das nosas impresións é dunha rapidez inasíbel, pero o teu don de observación agarda como nun teatro onde teñen que pasar, reaparecer, deixarse aloumiñar ou amosarse esquivas, esas impresións que logo son lixeiras como larvas, pero daquela a túa memoria dálles unha substancia como a lama dos comezos, como unha pedra que recollese a imaxe da sombra do peixe. Ti falas do ritmo de crecemento da natureza, pero cómpre ter moita humildade para poder observalo, seguilo e reverencialo. Niso eu tamén observo que ti es da nosa familia, a maioría das persoas interrompen, favorecen o baleiro, fan exclamacións, torpes esixencias ou declaman arias fantasmais, pero ti observas ese ritmo que fai o cumprimento, o cumprimento do que descoñecemos, pero que, como ti dis, foinos ditado como o signo principal do noso vivir.

 De Paradiso , José Lezama Lima

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego