Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONTRA TODO ISTO UN MANIFESTO REBELDE + BOLSA

€18,50
ISBN 9788491213963
Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz».

Vivimos nun Estado de Vergoña.Este libro está escrito contra Todo Isto.Todo Isto é descivilización.Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente.Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos.Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades.Todo Isto é o machismo como sistema.Todo Isto é a guerra contra a natureza.Todo Isto é domesticación intelectual.Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo.Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Castellano