Portada_Invisible.indd

Invisible

16,00

Este libro está escrito para facer rir, pensar (sen pasarse) e axudar a facer un pouco máis visibles ás mulleres que se quedan nas esquinas suxeitando os bolsos das súas amigas nas festas e que lles prestan cartos para viaxes aos que non están invitadas.

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

Unha muller gris, anódina, esquecida e que se cre invisible decide finalmente facerse notar. Tómao moi en serio pois non ten nada que perder. Ao final do camiño está o suicidio pero antes ten moitas contas que saldar: “amigos” cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.

Ten que apuntarse a un ximnasio para presentarse o mellor posible na mesa de autopsias e pintar o salón para que o atope ben bonito a policía cando chegue a levantar o cadáver. Un cadáver que vai parecer unha estrela de cine, con extra de maquillaxe e vestiario incluído.

Porque non hai humor máis negro que aquel que xoga cos sentimentos máis profundos.

Peso 0.200 kg
Autor

Carolina Pernas Sueiras

Idioma

Castellano

Nº de páginas

176

ISBN

978-84-16456-78-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2018

Editorial

Embora

Prazo de entrega

De 3 a 5 días