a invencion dun deus 2

A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II

19,95

Quen foi realmente Xesús de Nazaret? Cun estilo ameno e directo, o autor clarifica definitivamente unha figura tan fascinante e valorada como descoñecida.

Hay existencias

Logo de analizar nun libro anterior as circunstancias sociais, familiares e persoais de Xesús de Nazaret, neste novo volume estudamos as razóns que levaron unha pequena seita, xurdida do xudaísmo, a converterse en paradigma cultural e moral de Occidente e en relixión preponderante a nivel mundial.

E, asemade, como eliminados os trazos primixenios, a progresiva sublimación de Xesús, de artesán a predicador, de predicador a mesías, de mesías a mito, de mito a Deus, foi unha elaboración artificiosa na que correron parellos o abandono da realidade histórica e a universalización da súa figura e da súa mensaxe.

Xulio López Valcárcel

Poeta e narrador, membro da Asociación Española de Críticos Literarios, ten publicado, entre outros, os seguintes libros: Véspera do díaSolaina da ausenciaO sol entre os dedosMemoria de agostoCasa últimaA melancolía dos corposLímites e Outono nos espellos. Así mesmo é autor dos libros de relatos: Anel de mel e Campo de Marte.

Como ensaísta publicou a edición da Poesía galega de Miguel González GarcésSinais na AreaMineiro de LuzConfesión de ParteO escano baleiroRaíz e Canto (III volumes) e A Invención dun Deus. Xesús de Nazaret (II volumes).

En posesión de numerosos premios, a súa obra foi traducida a varios idiomas.

Peso 0.100 kg
Autor

Xulio López Valcárcel

Idioma

Galego

Nº de páginas

312

ISBN

978-84-8487-431-7

Año edición

2019

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)