Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

INSTRUMENTAL

€19,90
ISBN 9788417388386
Imaxinade por un momento un neno de cinco anos que vai saltaricando, cheo de ledicia, por un camiño inundado de luz e calor. De súpeto, o chan cede baixo os seus pés e o neno cae ás augas xélidas e escuras dun lago sen fondo. Pide auxilio, pero non hai quen lle valla. A piques de afogar, cando está a punto de afundirse para sempre, atopa unha inesperada táboa de salvación. Non o saca da auga, mais permítelle aboiar nela, sobrevivir ata que o neno xunta forza e madureza para salvarse só.

Ese neno chamábase James Rhodes. As augas xélidas eran as violacións a que o sometía o seu mestre de ximnasia. E o salvavidas foi a Chacona en re menor de Johann Sebastian Bach que transcribiu para o piano Ferruccio Busoni. Disfrazada de autobiografía cuxa lectura remove as entrañas, Instrumental é unha oda á capacidade salvífica da música.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego