O inspector e mais eu

18,50

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre

Hay existencias

Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende. As pretensións amorosas da protagonista –contadas en clave de humor– son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.

Peso 0.500 kg
Año edición

2016

Autor

Ignacio Vidal Portabales

Editorial

Xerais

Idioma

Galego

ISBN

978-84-9121-126-6

Nº de páginas

320