In vino veritas

In vino veritas

20,70

Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de ‘Spam’ aborda o xénero policial en clave de parodia.

Hay existencias

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos.

Segundo Francisco Castro, In vino veritas é unha novela furiosa. Parodia de novela policial, deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación actuais e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida. Trátase dun texto acedo, no que o autor de ‘Xeración perdida’ profunda no seu estilo tan característico que xa lle coñecemos doutras obras, intervindo na historia para reflexionar sobre a realidade e as súas miserias.

Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global. Por iso é unha novela furiosa.

Peso 0.400 kg
Autor

Francisco Castro

Idioma

Galego

Nº de páginas

388

ISBN

978-84-9865-379-3

Encuadernación

Rústica con solapas

Año edición

2011

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días