Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IGNACIO RAMONET E RAMÓN CHAO EN TRIUNFO

€11,00
ISBN 9788484870790
Ramón Chao e Ignacio Ramonet, dous recoñecidos analistas da globalización desde unha perspectiva inequivocamente altermundista, comezaron a súa longa e intensa andaina xornalística e política no mesmo momento en que se estabelecían as bases políticas que fixeron posíbel a globalización.

Naqueles anos, xa afastados, Chao e Ramonet, Ramonet e Chao, acometeron a difícil tarefa de participar a dúas voces, como no seu momento fixeran Neruda e Lorca no discurso de agradecemento dunha homenaxe que lles tributara o Pen Club de Bos Aires, na busca de respostas a un mundo en crise. Daquela, comezaron unha serie de entrevistas a algúns dos persoeiros máis relevantes do momento, aqueles que polo seu pensamento ou a súa obra eran referentes para pensar o mundo. Neste libro recóllense algunhas desas entrevistas, publicadas orixinalmente na revista Triunfo, que, malia os anos pasados, non deixan de estar de actualidade, como a realizada a Leonardo Sciascia, analista metódico da mafia e das accións violentas das Brigadas Vermellas, a Michèle e Armand Mattelart, que teorizaban sobre as novas orientacións da información, a Gabriel García Márquez, que neses momentos iniciaba a guerra contra a información monopolística, ou a Costa Gravas, que con Z e Missing principiaba o seu labor cinematográfico contra as ditaduras, que agora prosegue contra o neoliberalismo. Non se pode dicir que esas entrevistas non 'avellentasen', pois é obvio que os anos tamén pasaron por elas, como por todos nós. Porén, pareceunos tan interesante ver a evolución deses personaxes como reconfortante comprobar que, aqueles que viven, seguen a crear obras e teorías na mesma dirección que hai un cuarto de século e que, en xeral, os que desapareceron foron fieis á literatura e á xustiza.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego