identidade e unuversalidade

IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA

15,00

Recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.

Hay existencias

Categorías: , Etiqueta:

.

A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a “Xeración Doente” até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane.

A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das figuras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros.

Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa –coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados “realismos de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

Peso 0.100 kg
Autor

Carlos López Bernárdez

Idioma

Galego

Nº de páginas

128

ISBN

978- 84-8487-387-7

Año edición

2018

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)