Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HORTULUS (HERBARIO MEDICINAL DO MOSTEIRO DE REICHENAU)

€14,00
ISBN 9788417388058
Trátase da primeira tradución da obra Hortulus en ámbitos ibéricos. O interese desta obra radica na pervivencia da sabedoría popular sobre as virtudes das plantas medicinais na cultura e literatura popular; aquí preséntase a plasmación culta desa sabedoría, pasada pola peneira da cultura grecolatina antiga que pervivía nas bibliotecas e ‘scriptoria’ monásticos medievais.

Escrito como un poema didáctico en versos hexámetros, o Hortulus procura instruír o lector e deleitalo cunha descrición da natureza viva, visual e chea de cor. Esta edición inclúe unha ampla introdución, notas e un epílogo con información complementaria para cada planta, así como ilustraciónstomadas de antigos manuais de botánica. Nel tentouse conxuga un carácter ameno cun mínimo rigor científico, e incluíronse aspectos da cultura popular e costumes relacionados co uso culinario ou relixioso.  

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego