HORTULUS

HORTULUS (HERBARIO MEDICINAL DO MOSTEIRO DE REICHENAU)

14,00

Trátase da primeira tradución da obra Hortulus en ámbitos ibéricos. O interese desta obra radica na pervivencia da sabedoría popular sobre as virtudes das plantas medicinais na cultura e literatura popular; aquí preséntase a plasmación culta desa sabedoría, pasada pola peneira da cultura grecolatina antiga que pervivía nas bibliotecas e ‘scriptoria’ monásticos medievais.

Hay existencias

Escrito como un poema didáctico en versos hexámetros, o Hortulus procura instruír o lector e deleitalo cunha descrición da natureza viva, visual e chea de cor.

Esta edición inclúe unha ampla introdución, notas e un epílogo con información complementaria para cada planta, así como ilustraciónstomadas de antigos manuais de botánica. Nel tentouse conxuga un carácter ameno cun mínimo rigor científico, e incluíronse aspectos da cultura popular e costumes relacionados co uso culinario ou relixioso.

 

Peso 0.100 kg
Idioma

Galego

Nº de páginas

118

ISBN

978-84-17388-05-8

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2017

Editorial

Rinoceronte

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)