Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HOMIÑOS

€12,00
ISBN WP1363
A vida destes homiños, ben rapaces, ben pobres homes, transcorre nun barrio que ten unha vía do tren pola que os convois pasan case sempre atrasados e de largo. Nese barrio que os ampara e os apresa, aman, beben, discuten, medran, viven e morren convencidos de que a todos os barrios os atravesa unha liña de ferrocarril.

Mario Caneiro Ameneiros, nado en Narón en 1969, na madrugada de San Blas, son funcionario, gris, supoño, pai afeccionado e escritor cada tanto. Tiveron a ocorrencia de concederme unha mención honorífica no III certame Ágora de conto e o 2º premio do IV certame de narrativa Concello de Ames, así coma a publicación dun relato no libro colectivo Os relatos do verán 2002, outro segundo premio no VII certame de narrativa do Concello de Ames, o premio do III certame Rosa de Cen Follas que organiza o Colexio de Psicólogos de Galicia e a publicación dun relato na revista Infoxove por mediación da AELG. Ademais, en 2011 fun premiado no I certame de Relatos Tempos dixitais que deu lugar a unha publicación colectiva.


____