Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)

17,00

Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas , ,

Salienta tamén a súa faceta de poeta en galego e en castelán. Encarcerado en cinco prisións franquistas no período 1936-1942, levou unha vida difícil durante moitos anos. Xa fóra da cadea, estuda a fondo o grego clásico, idioma ao que se dedicara con paixón nos lóbregos establecementos penitenciarios do primeiro franquismo. Neste volume de homenaxe a Evaristo de Sela ofrécese un achegamento «e un entusiasta recoñecemento» a unha biografía cívica e intelectual admirable. Colaboran na publicación seis autores do eido da filoloxía clásica: algúns pronúncianse sobre aspectos poéticos, outros lémbrano desde a perspectiva familiar, desde a óptica dun colega amigo ou desde o punto de vista de quen sitúa o noso homenaxeado no humus no que emerxeu á vida e á cultura.

Peso 0.500 kg
Autor

VV.AA.

Idioma

Galego

Nº de páginas

184

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-610-0

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega