Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIA FOTOGRÁFICA DE CANGAS. SÉCULO XX

por VV.AA.
€15,00
ISBN 9788460838906
  Fotografías para a historia do século XX dunha vila mariñeira, recompiladas e clasificadas baixo o título de referencia, labor levado a cabo por un grupo de afeccionados e de profesionais. Este libro é o resultado do labor iniciado no ano 1992 na Escola de Adultos de Cangas. Paisaxes, rúas aterrados, retratos, esceas do mar e do campo, escolas, fábricas conserveiras, baleeiras...

“Historia fotográfica de Cangas. Século XX” é a segunda edición dun verdadeiro arquivo fotográfico do século pasado na vila de Cangas. Esta reedición é para regalía de toda a veciñanza de Cangas tras o éxito da primeira edición en 2003, cando se editou con motivo do XXV aniversario do pasamento do fotógrafo cangués Ramón Ocaña. O libro conta con 24 autores e está coordinado por Anxo Cabada, Fernando Cuñarro e Xose Luís Lorenzo (Colón) aínda que sosteñen que se trata dun “traballo coral onde participa toda a veciñanza de Cangas que aportou as súas imaxes”. As súas instantáneas son testemuño fiel das xentes e das paisaxes da vila de Cangas onde os cangueses son os verdadeiros protagonistas. Está dividido en tres grandes apartados: a vila, as xentes e o mar. Un libro no que participa toda a poboación, onde a xente é a verdadeira protagonista. A Cepa recolle así unha “labor de construción de pobo ao recompilar esa memoria colectiva, aportando un sentimento colectivo a todas esas familias de Cangas”. Un traballo custoso, tanto pola escaseza de instantáneas na antigüidade así como o feito de que todas elas estean en papel. Un traballo igualmente feito con moito cariño que dou como resultado a segunda edición por petición popular.

____

Editorial: Asociación Cultural A Cepa
Idioma: Gallego