Historia dunha granxa africana

15,50

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur.

Hay existencias

Category: Tag:

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A nivel estrutural, é unha novela rica en recursos narratolóxicos —cartas, soños, sermóns, cancións populares, himnos…— e amosa unha solidez que contrasta cun dos seus
temas principais: a fraxilidade dos seres humanos. Por outra banda, cabe sinalar o denso pouso alegórico de certas pasaxes, talvez o meirande empezo para os lectores de hoxe.O escenario da historia é unha granxa bóer na semidesértica rexión do Karoo. É alí onde transcorre a infancia de Em, Lyndall e Waldo, dúas nenas e un neno que medran nun mundo inhóspito e cheo de limitacións por mor da relixión, das duras condicións de vida ou do rol reservado ás mulleres. Non hai polo tanto paisaxes exóticas ou idealizadas nin aventuras extravagantes, senón o desencanto e a mirada crítica —tamén colonial, cómpre non enganarse— sobre un mundo no que rara vez os soños lle gañan a partida á crueldade

Peso 0.1 kg