Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIA DO NOBRE PONTO, QUE FOI REI DE GALIZA E DE BRETAÑA

€16,00
ISBN WP4164
Conta a historia de Ponto, fillo do rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. Trátase dun relato en prosa que bebe na literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña. A obra sitúa a lector nunha Galiza coñecida na Europa medieval, por mor dos intercambios comerciais coa Bretaña e da peregrinaxe a Compostela. Tradución do francés de Henrique Harguindey

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña conta a historia de Ponto, fillo do rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. Un grupo de rapaces galegos son salvados e embarcados nun navío que naufraga nas costas de Bretaña; alá son acollidos polo rei e criados por nobres bretóns. Sidonia, a filla do rei, e Ponto namóranse, mais diversas desventuras poñen en perigo a súa felicidade. Finalmente, Ponto reconquistará o seu país e casará con Sidonia, sendo rei de Bretaña e de Galiza, ao tempo que o seu curmán Polido se ha converter en rei de Inglaterra. Trátase dun relato en prosa que bebe na literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña. A obra sitúa a lector nunha Galiza coñecida na Europa medieval, por mor dos intercambios comerciais coa Bretaña e da peregrinaxe a Compostela. Aínda que a finais do século XIV Galiza xa non era un país independente, o autor escolle como protagonista ao fillo do rei de Galiza porque na derradeira metade do século XIV o país estaba no primeiro plano de actualidade europea e tiñan lugar negociacións a alto nivel sobre o título de rei de Galiza.

____