Reedición facsimilar do libro de José de Santiago Y Gómez,Historia de Vigo y su comarca. É esta unha obra de gran valor histórico que nos permitirá coñecer a xénese e a evolución de Vigo dende a prehistoria ata o século XIX. Para a súa realización, ó autor foille necesaria a consulta de bibliotecas e arquivos, na busca de datos e documentos inéditos que permitisen descubrir a historia da cidade e a súa extensa comarca.