Historia de Galicia-3735

Historia de Galicia

24,95

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer.

Hay existencias

Categoría: Etiqueta:

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando á inferir que iste maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século xx, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.

David Pérez López (Bande, Ourense, 1972)

David Pérez López

Licenciouse en Historia na Facultade de Humanidades de Ourense, onde realizou a tesina de doutoramento no programa Neolítico e Calcolítico na Prehistoria Recente Europea; logo especializouse en Avaliación e Xestión do Patrimonio Cultural e Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Compostela. Profesionalmente, desenvólvese no mundo da Arqueoloxía e da valorización do Patrimonio Cultural desde 1998, participando en intervencións arqueolóxicas dentro e fóra do país, destacando a súa implicación na recuperación da cibdá castrexa de Lasbricae. Tamén comeza a dirixir ou codirixir actuacións nos cascos históricos de vilas e cidades, en xacementos neolíticos, castrexos, romanos e medievais; preocupándose obstinadamente pola súa divulgación, coa publicación de trípticos, sinalización de roteiros, ponencias, artigos… Destaca o seu longo traballo de investigación no campo da Etnografía, ámbito co que está relacionado a publicación do seu primeiro libro: Os Foxos do lobo. A caza do lobo na Cultura Popular (2010).

Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

Peso 0.2 kg