Oferta
historia das mulleres en galicia 4 tomos
oferta mulleres

HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

100,00 39,00

OFERTA de 4 tomos da Prehistoria a Época Contemporanea

Hay existencias

Categorías: , Etiqueta:

Prehistoria. Historia antiga

O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxico que apenas permite vislumbrar as vidas das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado matriarcal das civilizacións. Combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, a autora traza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lle outorgan cada vez máis ás mulleres un protagonismo moi destacado.

Idade Media

A dependencia, a debilidade, a inferioridade son os trazos dominantes con que a imaxe da muller é ofrecida á mentalidade colectiva desde os ambientes máis cultos da sociedade medieval. Pero, por baixo desa muller abstracta, aínda que non irreal nin carente de influencia, neste libro destácanse as mulleres reais, que toman conciencia do feito de selo, defenden os seus dereitos, demostran que non admiten de bo grado o dominio dos homes e tratan de avanzar nun camiño que non alcanzou aínda a meta. Elas móstrannos que a loita pola liberación das mulleres ten longas raíces e, de paso, que non todo avance no tempo é progreso e que a Idade Media non é a época escura á que moitos, por descoñecemento, se refiren de forma despectiva.

Idade Moderna

Neste libro dase unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas mulleres e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector.

Época Contemporánea

Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de «ángel del hogar» considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola «muller moderna».

Peso 3.000 kg
Autor

VV.AA.

Idioma

Galego

Nº de páginas

1.008

ISBN

9788497049993

Editorial

NigraTrea

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)