Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX

35,95

“Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)”, de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas , ,

A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, “Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)” recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX.

Peso 0.2 kg