Circunstancia esta que mantivo viva e presente a división entre os que se consideraban «vencedores» e os que se sabían «vencidos». O libro, a través das súas páxinas, levaranos a mergullarnos nas reviravoltas das actuacións que levaron a cabo os «fuxidos» e «guerrilleiros» da comarca de Vigo, non so durante o tempo da guerra civil, senón tamén durante unha parte importante da posguerra.