Herdeiros pola forza

16,75

Un libro que revisa a conflitiva relación entre sociedade, poder e patrimonio cultural en Galicia, escrito a catro mans polo arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista Manuel Gago.

Hay existencias

SKU: ABR001439 Category: Etiquetas ,

Coma os carballos e os castiñeiros, o libro Herdeiros pola forza ten tres partes: a cerna, o sámago e a cortiza. A cerna é unha retranqueira crítica historiográfica dos modelos de xestión do patrimonio cultural que se sucederon desde o século XIX. O sámago é unha denuncia expresa da situación actual, na que unha elite de burócratas, técnicos, académicos e intelectuais marxina as comunidades locais e a cidadanía en xeral na xestión de bens patrimoniais públicos. Finalmente, a cortiza é unha alegación esperanzada a prol da participación activa da sociedade civil non só no goce do inmenso referente identitario que é o noso patrimonio cultural, senón tamén no proceso de construción social do coñecemento sobre o noso pasado. Porque parafraseando a Stéphane Hessel: «Herdar é preservar, preservar é resistir».