Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HEI DE ENTRAR NO MEU POVO: REIVINDICARMOS CARVALHO CALERO

por VV.AA
€18,00
ISBN 9788417824112
O presente volume é froito dunha serie de actividades que se viñeron desenvolvendo en Ferrol nos últimos anos –nomeadamente o 2018.

coa finalidade de achegarse á figura do ilustre catedrático ferrolán co obxectivo de insistir na divulgación de aspectos da súa vida e da súa obra, magna en todos os sentidos, xa que don Ricardo foi un galeguista que, ao longo de case sete décadas, desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, investigador, académico, docente, político... Tratábase de –como di o subtítulo–, Reivindicarmos Carvalho Calero como a figura esencial que foi en diferentes momentos da vida política, cultural e literaria da Galicia do século XX. Unha persoa de honestísima traxectoria vital e profesional, desenvolvida en circunstancias adversas, marcada sempre por un profundo e permanente amor á súa terra, ao seu idioma e á súa cultura.      

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego