Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero

18,00

O presente volume é froito dunha serie de actividades que se viñeron desenvolvendo en Ferrol nos últimos anos –nomeadamente o 2018.

Hay existencias

coa finalidade de achegarse á figura do ilustre catedrático ferrolán co obxectivo de insistir na divulgación de aspectos da súa vida e da súa obra, magna en todos os sentidos, xa que don Ricardo foi un galeguista que, ao longo de case sete décadas, desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, investigador, académico, docente, político… Tratábase de –como di o subtítulo–, Reivindicarmos Carvalho Calero como a figura esencial que foi en diferentes momentos da vida política, cultural e literaria da Galicia do século XX. Unha persoa de honestísima traxectoria vital e profesional, desenvolvida en circunstancias adversas, marcada sempre por un profundo e permanente amor á súa terra, ao seu idioma e á súa cultura.

 

 

 

Peso 0.300 kg
Autor

VV.AA

Idioma

Galego

Nº de páginas

200

ISBN

978-84-17824-11-2

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2020

Editorial

Embora

Prazo de entrega