Harry Potter e o Cáliz de fogo

Harry Potter e o Cáliz de fogo

20,50

Continúan en galego as aventuras de Harry Potter. Desta volta, en novembro do 2005, Editorial Galaxia publica Harry Potter e o Cáliz de fogo, máis de 600 páxinas de misterio e fantasía.

Hay existencias

Esta novela de J. K. Rowling conta como Harry devece por rematar as vacacións do verán para comezar o cuarto curso na escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Xusto nese momento convídano a asistir á Copa do Mundo de Quidditch e as cousas comezan a complicarse.

A maga “Rowling” sabe apaixonar os lectores e lectoras ao tempo que esperta o seu interese cunha historia que recolle gran parte do herdo da literatura, esa longa tradición que comeza nos contos populares e que, pasando polos orfos de Dickens, chega ata o mundo mítico de Tolkien e a rebordante fantasía de Roald Dahl. Nesta aventura Harry vai empezar o cuarto curso na escola de Maxia; o verán estáselle a facer eterno, non só porque estraña os seus mellores amigos, Ron e Hermione, se non tamén polo moito que lle tarda escaparlles aos insoprtables dos Dursley. Por iso tolea de alegría cando lle din que os últimos días das vacacións os ha pasar na casa de Ron para asistir á Copa do Mundo de Quidditch. Mais seica a Harry nunca lle deixan de saír os problemas ao camiño. E desta volta parece que son máis graves ca nunca …

Peso 0.600 kg
Autor

J. K. Rowling

Idioma

Galego

Nº de páginas

640

Encuadernación

Tapa dura

ISBN

978-84-8288-819-4

Año edición

2005

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días