Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HADRIÁN VII

€16,50
ISBN 9788494257018

Tras moitos anos de amargura, soidade e frustración, George Arthur Rose, un aspirante a sacerdote a quen lle foron negados os hábitos e sobrevive como escritor nun escuro cuarto de Londres, recibe a inesperada visita dun bispo e un cardeal que lle propoñen reparar a inxustiza cometida contra el ordenándoo de inmediato.



A pesar da súa desconfianza inicial, George acepta e, case sen decatarse,  aos poucos días acaba convertido en Papa. Profesor, escritor, fotógrafo e crego frustrado, Frederick Rolfe (1860-1913) levou unha vida que en moitos puntos recorda ao "altruísta misántropo" que protagoniza a súa obra máis coñecida. Ao igual que George Arthur Rose, este excéntrico fillo dun fabricante de pianos tamén sentiu unha apaixonada vocación polo sacerdocio, aínda que, a diferenza do personaxe de ficción, o Barón Corvo nunca logrou ser ordenado, circunstancia na que é posible que influíse a maneira, bastante aberta para a época, en que viviu a súa homosexualidade. Problemático e temperamental, Rolfe tivo que conformarse con vivir da escritura apoiado por unha sucesión de mecenas cos que case sempre acababa rompendo en malos termos.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego