GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA

25,00

Dicir a verdade, informar, é hoxe unha actividade revolucionaria e por iso está claramente reprimida e silenciada. Dicía Noam Chomsky, lingüista e filósofo de EE.UU, que «a manipulación mediática fai máis dano que a bomba atómica porque destrúe os cerebros». Tamén dicía Chomsky que «é responsabilidade dos intelectuais dicir a verdade e expoñer as mentiras».

Hay existencias

Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos

Estas son algunhas desas verdades ou realidades silenciadas: o franquismo foi unha ditadura criminal; en Galiza non houbo guerra civil, senón un xenocidio; as mulleres sufriron unha dupla represión; Franco era un ladrón e un corrupto; os crimes do franquismo aínda están impunes; O Val dos Caídos é un monumento franquista; o PP aínda non cortou cordón umbilical co franquismo; o ditador Franco elixiu a Juan Carlos como o seu sucesor; Juan Carlos manifestou que tiña un grande afecto e admiración polo ditador; o rei Juan Carlos foi o inspirador do 23-F; temos unha monarquía corrupta e o rei Juan Carlos fixo unha gran fortuna; os Borbóns viven como deus; a monarquía está blindada.

Este libro é un manifesto contra os restos do franquismo; unha guía para orientarse, non perderse en política e contrarrestar a propaganda oficial. Un libro colectivo con centos de citas a pé de páxina de escritoras e xornalistas, que son, realmente, as autoras.

Unha ferramenta útil para derrotar a unha dereita e extrema dereita, convertidas nun auténtico monstro, que hoxe se presenta con tres cabezas (PP, Cs e Vox), pero un só corazón, con latidos franquistas. Pode ser tamén útil para o traballo do profesorado, un libro para todas as persoas –independentemente da súa idade, ideoloxía ou pensamento político– que queiran acceder a unha información que, lamentablemente, non está moi difundida.

Fronte ao silencio e boicot na difusión de moitas verdades, cómpre a complicidade e colaboración das lectoras na difusión e debate das 120 realidades que aborda o libro.

Peso 0.300 kg
Autor

Manuel Monge

Idioma

Galego

Nº de páginas

428

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-8487-428-7

Año edición

2018

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega