Constitúe un dos retratos posibles dunha artista inqueda na procura de sensacións, enérxica na exploración das súas capacidades, xenerosa na ledicia, comprensiva coa dor, amante da beleza. E coas achegas dun coro de afectos e de admiración, Pola beira da canción recolle, con precisión de orfebre, o aire deste tempo desde un recanto fronte ao Atlántico de punta Candieira con vistas ao mundo
enteiro. O norte é poema en si mesmo.