grial-210

GRIAL 210 ABRIL,MAIO,XUÑO 2016

12,00

Feminismo (os) Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbitos da vida social, ideolóxica, filosófica, política…

No centenario das Irmandades da Fala.

Ilustrando en Galicia.

……

Sólo quedan 2 disponibles

Marilar Aleixandre, compañeira do consello de redacción de GRIAL e recentemente elixida membro do plenario da Real Academia Galega, coordina este numero monográfico da revista dedicado ao feminino. Feminismos (os) en plural, para salientar a diversidade de posicionamentos e perspectivas que o movemento amosa e que en parte están tamén recollidos nestas paxinas. Saleta de Salvador, Iolanda Martínez, Carmen Castro, Olga Castro, Encarna Otero e Mariam Mariño abordan a cuestión feminina dende a economia, a empresa, a organización social, a lingüística, a arte…, tanto dende unha perspectiva universal como dende a tradición galega.
Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbitos da vida social, ideolóxica, filosófica, política… O número 176, correspondente aos meses de outubro-novebro-decembro de 2007, estivera dedicado a “Xénero, sexo e sexualidade: unha ollada dende o feminismo”, número que despertou grande interese, coordenado daquela por Dolores Vilavedra e María Xosé Agra.
No mesmo número da revista (210) que se distribúe agora en librerías e entre os subscritores, abórdase a memoria do centenario das Irmandades da Fala, recuperando o epístolario entre Antón Vilar Ponte e o nacionalista catalán Joan Estelrich nos anos 20 do pasado século. O traballo vén contextualizado e anotado polo profesor Joaquín Ventura. GRIAL dedicará máis extensamente ás Irmandades da Fala o seu próximo número 211, correspondente aos meses de xullo, agosto e setembro. En certa maneira o traballo do profesor Ventura é un adianto.
David Pintor amósanos un documentado e interesantísimo panorama da actual creación dos ilustradores galegos, acaso unha das manifestacións artísticas e de comunicación mais celebradas nos últimos tempos, con figuras recoñecidas mesmo internacionalmente. Luis Pérez Rodríguez recrea a relación entre Federico García Lorca e o escritor galego Carlos Martínez-Barbeito, coincidindo cos 80 anos do asesinato do poeta granadino e da edición dos seus “Seis poemas galegos” na editorial Nós. E Marta Gómez Ocampo ofrécenos un ilustrativo traballo de sociolingüística sobre a suposta “imposición do galego”.
No Sumario que se adxunta poden os lectores e lectoras pescudar con máis detalle os contidos deste número da revista GRIAL.

Peso 0.100 kg
Año edición

2016

Editorial

Galaxia

Idioma

Galego

Nº de páginas

148