GRIAL 200 outubro, novembro, decembro 3013-3107

GRIAL 200 outubro, novembro, decembro 3013

12,00

200 números da revista GRIAL. 50 anos de Grial.
Medio século de historia.Un acontecemento.Non podemos consideralo doutra maneira, e así queremos compartilo cos nosos lectores, cos nosos colaboradores e cos nosos subscritores.

Hay existencias

Categoría: Etiqueta:

 A revista que en 1951 puxeron a andar os fundadores de Galaxia, tivo que agardar a 1963 para recibir autorización da ditadura, mais dende entón mantivo viva e constante a súa cita trimestral cos lectores ata converterse na actualidade na decana das revistas culturais de Galicia e nunha das máis antigas de España.
GRIAL celebra 200 números de continuidade e 50 anos de historia. A súa última etapa, dende 2002, dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, renovou deseños e contidos, ampliou colaboradores, presentou novo formato, impresión e ilustracións a cor, que enriqueceron unha tradición á que seguimos manténdonos fieis: uso da lingua galega, esixencia crítica, pluralidade democrática, universalidade, vocación europeísta e unha concepción da cultura pluridisciplinar, entendendo como tal todos os ámbitos de expresión e preocupación que caracterizan a sociedade contemporánea: as artes, a literatura, a filosofía, a economía, a organización do territorio, a memoria histórica, as ciencias sociais, a historia, as novas tecnoloxías…
Neste número 200, propoñemos unha reflexión non tanto sobre a historia e a significación da revista neste medio século como unha reflexión pensando no futuro. Colaboradores habituais de GRIAL e membros do seu actual Consello de Redacción abordan distintos aspectos da realidade cultural da Galicia de hoxe, unha Galicia ben diferente daquelaoutra de 1950, enfrontada aos desafíos do século XXI.
Marilar Aleixandre, Xoaquín Fernández Leiceaga, Edelmiro López Iglesias, Henrique Monteagudo, X.M.Núñez Seixas, Ramón Villares asinan ensaios sobre a historia da cultura e a súa relación coa política durante este medio século, a educación, a lingua, os cambios sociais e económicos,a Galicia exterior… Xosé Manuel Dasilva e Malores Villanueva Gesteira falan destes 50 anos de GRIAL e das dificultades que no seu momento a publicación tivo coa censura. Dolores Vilavedra fai algunhas propostas para comprender a realidade actual da produción literaria.Inma López Silva, Agar Ledo e Daniel Beirasabordan os ámbitos do teatro, as artes plásticas e a arquitectura…
A xeito de homenaxe recuperamos dous textos históricos do primeiro número de 1963: un ensaio de Domingo García-Sabell sobre a significación dos escritores na cultura galega e un poema de Xohana Torres dedicado a Rosalía de Castro. Xohana Torres e García-Sabell foron personalidades moi vencelladas a GRIAL dende os primeiros momentos.
2014, ANO DE CONMEMORACIÓN
A idea de GRIAL non é dedicar un número monográfico extraordinario ao 50 aniversario da revista, senón debullar en sucesivos números ao longo deste ano 2014 unha serie de colaboracións e ensaios plurisciplinares que aborden a realidade cultural galega no seu sentido máis amplioe ollando cara ao futuro.
Nos próximos números, sempre baixo o denominador común de “50 anos con GRIAL”, publicaremos achegas e ensaios sobre novas tecnoloxías, industrias culturais, o mundo do libro, ciencia, investigación, patrimonio, música, medios de comunicación, novos consumos culturais, demografía, nun intento de establecer un panorama xeral da cultura galega perante o novo século.

Peso 0.2 kg