Anos máis tarde, Helen Vaughan, unha muller fermosa e enigmática, aparece en Londres, onde comezan a se suceder unha serie de terríbeis suicidios. Aos poucos, as pescudas dos protagonistas irannos levando cara a unha realidade estarrecedora e noxenta, vinculada ao máis profundo da natureza humana e divina, a aquilo que subxace á civilización e que os antigos conquistadores das illas Británicas deron en chamar e en venerrar nos seus templos do máis profundo das fragas milenarias como o gran deus Pan.