Graciela Iturbide

Graciela Iturbide

12,00

Catálogo da exposición de Graciela Iturbide, fotógrafa e realizadora cinematográfica mexicana, alumna nos seus comezos de Manuel Álvarez Bravo. Ben coñecida tanto nos EE. UU. como en Europa, Graciela Iturbide mostra as culturas da América Central abordando todo o que fotografa con xenerosidade e unha aparente simplicidade que desconcerta e atrapa a mirada.

Sólo quedan 1 disponibles

Categoría: Etiqueta:

Este catálogo comprende imaxes do Panamá dos anos setenta, en tempos de Omar Torrijos; imaxes de México, mulleres e nenos de Juchitán de Zaragoza (Oaxaca), do deserto de Coahuila, do deserto de Sonora, de Chiapas, do Distrito Federal…; e imaxes dos cholos de Los Ángeles nos anos oitenta.
Textos: Carolina Martínez Gila, Christian Caujolle, Olivier Debroise, Raquel Tibol, Roberto Tejada, Elena Poniatowska.

Peso 2.000 kg
Autor

Carolina Martínez Gila, Christian Caujolle, Rosario Sarmiento

Idioma

Castellano, Galego, Inglés

Nº de páginas

164

ISBN

978-84-89231-68-0

Año edición

1998

Editorial

AFUNDACIÓN