Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE

€15,30
ISBN 9788482886695
Unha historia contada a través dun fidalgo Bretón que se desenvolve durante a Revolución francesa, época que Cunqueiro escolle para sorprendernos cos seus coñecementos históricos e co seu dominio dos distintos rexistros literarios.

Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución. Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego