As crónicas do Sochantre

15,30

Unha historia contada a través dun fidalgo Bretón que se desenvolve durante a Revolución francesa, época que Cunqueiro escolle para sorprendernos cos seus coñecementos históricos e co seu dominio dos distintos rexistros literarios.

Hay existencias

Category: Tag:

Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, «asombra a coherencia xeográfica e histórica» do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución.
Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.

Peso 0.1 kg
Autor

Álvaro Cunqueiro

Idioma

Galego

Nº de páginas

176

ISBN

978-84-8288-669-5

Año edición

2016

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega