Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALEGOS NAS GUERRAS DO RIF

€10,00
ISBN 9788460891901
A literatura española contemporánea mantivo unha intensa relación co territorio do Rif. Moi influído pola intervención colonial, no discurso literario predominan a temática bélica e o pexorativo tratamento dado á poboación autóctona. Naquela xeografía tamén se falou na nosa lingua, mais o colectivo galaico pasou desapercibido para as narrativas.

Tanto a devandita ausencia como a imaxe periférica da resistencia rifeña, chamaron a nosa atención. Propoñemos, pois, unha análise destas invisibilidades, comparándoa coas percepcións dalgúns escritores galegos presentes en Marrocos. O obxectivo sería enxergar se estes foron quen de construír un imaxinario anticolonial con duplo percorrido: o recoñecemento da propia identidade no contexto da presenza militar hispana en África e a toma en consideración do pobo rifeño como protagonista dunha silenciada loita de liberación.

____

Editorial: Instituto galego historia
Idioma: Gallego