Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALICIA MAXICA.ROMARIAS E SANTUARIOS

€20,00
ISBN 9788488508621
Máis de 80 fotografías de santuarios e romarías galegas conforman a mostra Galicia Máxica, do folclorista e historiador danés Gustav Henningsen.  

Esta nova cita, dando continuidade á anterior, está encabezada polo epígrafe Galicia Máxica, e aplícase a amosar en máis de oitenta fotografías os santuarios e romarías galegos máis significativos, un rigoroso traballo de campo que Henningsen levou a cabo a mediados da década dos sesenta. No inventario fotográfico de Henningsen, contémplanse os dous ámbitos que motivan as romarías como espazo para o sacro e o profano. Os dominios milagreiros coas procesións, as propiedades sandadoras, as ofrendas e exvotos, as poxas na Lanzada... acábanse por entrecruzarse cos festexos ao aire libre, as reunións e animadas celebracións festivas. Henningsen realizou o traballo entre 1965 e 1968. Chegara a Galiza para facer un estudo sobre crenzas e bruxas -a súa especialidade- e acabou rexistrando tamén o material da mostra. Traballaba para a súa tese de dotoramento. O investigador, nado en Dinamarca en 1934, é ademais antropólogo. Tirou máis de 3.000 fotografías de Galiza. Gustav Henningsen, doutor en antropoloxía, chegou a Galicia no ano 1965 cunha bolsa da Universidade de Copenhague, co fin de investigar para a súa tese doutoral, crenzas e tradicións vinculadas á historiografía da bruxería. Durante tres anos, xunto a súa muller Marisa, percorreu pobos e aldeas, achegándose a todo tipo de ritos e prácticas ancestrais, que recompilou nunha valiosa documentación fotográfica e oral, recollida coa axuda dunha cámara e un básico magnetófono.


____

Editorial: Museo do Pobo Galego
Idioma: Castellano