Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALICIA E A SOCIEDADE DAS NACIÓNS

€12,70
ISBN 9788471548399
Este libro recupera os primeiros antecedentes da participación de Galicia, con voz propia e diferenciada, na escena europea e internacional.

Xulio Ríos analiza un dos aspectos menos coñecidos do galeguismo histórico: o intento de vertebrar unha política internacional orientada ao recoñecemento exterior da condición nacional de Galicia, propiciando o seu inserimento na comunidade universal dos pobos. Despois de referirse ás constantes fundamentais que definen o problema nacional na Europa de entreguerras e de sinalar os principios e liñas de orientación básica aplicadas polo galeguismo neste terreo (celtismo, iberismo, etc.), o autor detense na participación de Galicia nos Congresos de Nacionalidades Europeas. O lector coñecerá as claves deste importante organismo, así como as vicisitudes da participación galega e os problemáticos vencellos coa Sociedade das Nacións. Abórdase, pois, neste libro un feito histórico e político de grande trascendencia, xa que recupera os primeiros antecedentes da participación de Galicia, con voz propia e diferenciada, na escena europea e internacional.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego