Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO LA EDICIÓN CLANDESTINA DE 1938

€17,00
ISBN WP4268
Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco aparece por primeira vez en castelán dende a súa publicación, en 1938, en París e Bos Aires.

O libro clandestino da guerra civil en Galicia (1937) **** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016**** Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco aparece por primeira vez en castelán dende a súa publicación, en 1938, en París e Bos Aires. Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se descrebe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco. ALVARELLOS EDITORA recupera unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse. A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de dictadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), apórtase un listado de falanxistas coruñeses de 1938, e un práctico índice cos centos de nomes de víctimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”. UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.

____