Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALEGOS DE VILA. ANTROPOLOXÍA DUN ESPAZO RURAL URBANO

€15,00
ISBN WP383
Galegos de vila é un estudo antropolóxico sobre os procesos de urbanización dos chamados espazos rurais galegos.

Na obra analízanse as vilas do interior galego como unha forma de organización socioespacial específica, como un cronotopos no que se entrecruzan o rural e o urbano, pero tamén como unha metáfora da mudanza nos sistemas de valores culturais e nas visións do mundo da xente. Ao longo do texto defínese o papel da historia, da memoria e do patrimonio cultural na reconstrución das novas identidades vilegas. Un tema central do traballo é a análise e a interpretación dos significados socioculturais de ámbitos espaciais como a casa, a rúa, o centro da vila, os bares, a vila —nas súas relacións cos universos culturais da aldea e da cidade— e a comarca —os procesos de comarcalización como reinvención simbólica das identidades. A través da análise comparativa e relacional destes espazos ponse de manifesto como non todos os procesos de urbanización e os urbanismos son iguais, demostrando a especificidade do caso galego. O libro conclúe cunha reflexión sobre as relacións e articulacións entre o rural e o urbano a través dos seus modelos de interpretación.

____