Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALEGOS DE OURENSE 2

€18,00
ISBN WP3030

Consta de 2 volumes.

"Os protagonistas deste volume foron 19 insignes representantes dun pobo que fecundou esta terra, Ourense", gran proxecto colectivo que ten orgullo de seu contemplando a rica personalidade e o extraordinario legado destes dezanove exemplos de ourensanismo.  

Nesta segunda entrega figuran nomes como Ruiz de Padrón, Saco y Arce, Parada Justel, Alexandre Bóveda, Filomena Dato, Eduardo Barreiros, Carlos Casares, Jaime Quesada, Virxilio, Paz Nóvoa, Arturo Noguerol, Quiroga Palacios, José Velo, Luis Fábrega Coello, Eleuterio González, Alfonso Pazos Cid, Vázquez Gulías, Conde Fidalgo, Manuel Prego de Oliver, e os valdeorreses Florencio Delgado Gurriarán e Lauro Olmo. Aparece este libro logo de que en 2014 a Deputación de Ourense subliñase a vixencia da obra de persoeiros como o Padre Feijóo, cumpríndose douscentos cincuenta anos do seu pasamento, ou Eduardo Blanco Amor, "ano no que tamén lle outorgamos a Medalla de Ouro da provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel, que pon nome ao Centro Cultural dependente desta institución. Tres nomes que serven para albiscar a pegada dos fillos desta terra de xente traballadora, creativa e emigrante", dixo Manuel Baltar, quen animou a seguir nesta andaina "enchendo de máis biografías senlleiras un vindeiro volume deste proxecto editorial, que reforza o sentimento de Ourensanía que compartimos".

____