Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALAICOS. UN PUEBLO ENTRE DOS MUNDOS

por VV.AA.
€24,00
ISBN 9788416460472
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos. 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das excavacións. Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons.

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons. Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons. Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra.


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano