Fuxir de Proxeria

15,00

Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI. O país máis avellentado de Europa grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen…

Hay existencias

Categorías , Etiquetas , ,
Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI. O país máis avellentado de Europa grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen. Onde os mozos son o ben máis prezado. Por iso deben ficar, ata saldar as súas hipotéticas débedas coa sociedade, por mor das leis impostas pola xerontocracia que domina o Parlamento ou Senilatus.
A Garda controla os movementos dos novos para impedir as súas fuxidas. Eles considéranse bois de carga dunha comunidade camiño do colapso social e económico, sen futuro. Pero no medio deste panorama, onde xa case ninguén ten irmáns e se descoñece que é a fraternidade, aínda hai pequenos espazos para o amor e a esperanza, espazos para rexenerar Proxeria.
A presidenta —Jennifer Pozas— impulsa medidas draconianas. Os fuxidos son xulgados como desertores e castigados a prestar servizo cívico na terra do xabaril, agás que teñan un fillo para se redimir. Todos se preguntan por que ninguén fixo nada cando aínda tiña sentido facelo e así evitar esta tráxica situación. Unha nación sen nacementos, unha patria sen pais, fixo que o vello Reino inzado de vellos ata mudase de nome entre a xente nova: Proxeria.
Peso 0.200 kg
Autor

Manuel Blanco Desar

Ilustrador

Marcos Moral Campos

Idioma

Galego

Nº de páginas

108

ISBN

978-84-17094-69-0

Año edición

2019

Editorial

Edicións Fervenza