Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O FUTURO É POSIBLE

€29,50
ISBN 9788498654660
Velaquí un percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega.

O libro nace como resposta á gran débeda contraída coa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 e cando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión do autor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se lles deu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non se puideron prolongar. As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser a historia dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartida contada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o risco de equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorar nada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles que seguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que o futuro é posible.

____

Editorial: Galaxia 11-2012
Idioma: Galego