Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FOULA E RONSEL

€17,95
ISBN 9788484874706
Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941)    

No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais.  Iso fixo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941).

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego