Fosforescencias

16,90

“Cando xa ninguén escribe cartas a man” —afirma a autora na introdución—, ela decide manter correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia, coa finalidade de artellar un persoal libro de cartas.

Hay existencias

Categorías , Tag:

Publicamos un deses libros que poderiamos denominar «inclasificables». Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972), unha das voces poéticas máis singulares e respectadas dos últimos vinte anos en Galicia, dá á luz Fosforescencias.

“Cando xa ninguén escribe cartas a man” —afirma a autora na introdución—, ela decide manter correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia, coa finalidade de artellar un persoal libro de cartas.

“As cartas son elos que unen. Vínculos afectivos que nos achegan uns a outros e nos manteñen cos pés na terra. A lingua é algo amoroso e táctil”, afirma Lupe Gómez.

Fosforescencias exprésase pois, ao longo de 288 páxinas, mediante textos íntimos, literarios, fondamente poéticos… e reais, posto que foron efectivamente cartas enviadas por correo postal ás persoas destinatarias. A obra recolle tamén algunhas das cartas de volta. Emma Pedreira, Manuel Rivas, Neira Vilas, Yolanda Castaño, Amancio Prada, Francisco Pillado ou Emilio Araúxo son algúns dos receptores.

Lupe Gómez, que publicou o seu primeiro libro —titulado Pornografía— nunha autoedición en 1995, e colleitou premios e recoñecemento durante os anos seguintes (o seu libro Camuflaxe foi Premio da Crítica Española en 2017), afirma hoxe: “Nas cartas recoñézome máis viva e sincera que nos libros que publico e escribo”.

Fosforescencias está ilustrado polo pintor, poeta e galerista Anxo Pastor (Vilardonas, Ribas de Sil-Lugo, 1959), que dialoga cos textos a través da evocación, os símbolos e as cores, que modela aquí por medio de debuxos ou collages.

Lupe Gómez (Fisteus, 1972). As súas mans xa escribían antes de ela nacer. Na aldea foi unha nena con dous oficios secretos: coidadora de vacas e carteira rural. A súa casa natal era como unha oficina de Correos, chea de contos vellos, noticias frescas e auga dun manancial sereno. Estudou Periodismo en Santiago, e colaborou co xornal Galicia Hoxe naqueles tempos de ilusión, realizando múltiples entrevistas, críticas de libros, teatro, música. Autora de libros como O útero dos cabalosAzul e estranxeiraQuero bailarDiario dun barDiálogos imposíbeisA grafía dos mapas… Gañou premios como o Lorenzo Baleirón, o Johán Carballeira, o Premio da Crítica e o Premio da Gala do Libro Galego. A súa obra Camuflaxe foi traducida ao inglés por Erín Moure e ao español por Antón Lopo. Pornografía, o seu primeiro libro, autoeditado en 1995, foi traducido ao castelán en 2019 por Luz Pichel. Sempre estivo namorada de Compostela, onde vive dende hai vinte e oito anos.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Lupe Gómez

Idioma

Galego

Nº de páginas

288

ISBN

978-84-16460-66-3

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Alvarellos

Prazo de entrega