Fosca

12,00

A novela une dous planos: o interese pola análise dun caso patolóxico, seguindo o ronsel da novela naturalista; e a estrutura simbólica, polos camiños do horror, o oculto e o escuro.

Hay existencias

Category: Tag:

Fosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.
Tarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unha relación sentimental con Carlotta Ponti, e en 1865 coñeceu en Parma unha parente dun superior seu (Carolina ou Angiolina), enferma de histeria e epilepsia e a piques de morrer que, malia non ser en absoluto agraciada, suscitou nel unha grande atracción. O protagonista, Giorgio, narra en primeira persoa as súas experiencias amorosas, que se remontan cinco anos atrás, con dúas mulleres: Clara, a dama fermosa e serena, coa que vive unha relación feliz e pracenteira; e Fosca, unha muller fea, histérica e cunha sensibilidade enfermiza.A novela une dous planos: o interese pola análise dun caso patolóxico, seguindo o ronsel da novela naturalista; e a estrutura simbólica, polos camiños do horror, o oculto e o escuro. Deste xeito, o tema do amor está presente na novela consonte dous modelos contrapostos: o romántico, co adulterio que entra en conflito coas regras sociais; e o típico da Scapigliatura, o amor visto nos seus aspectos morbosos, patolóxicos e asociado á enfermidade e á morte. A novela, a máis importante do autor, inaugurou en 1971 a colección «Centopagine» dirixida por Italo Calvino, quen afirmou: «Fosca é unha personaxe entre liberty e dannunziana anticipada polo menos vinte anos nun mundo que non é o seu».

Peso 0.1 kg