Fornelos & Fornelos: terceira fundación

12,50

A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega…

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.

Peso 0.500 kg
Autor

Xerardo Quintiá

Idioma

Galego

Nº de páginas

88

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-515-8

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega